En Ramos Taller da Pedra, en Rianxo, contamos cunha ampla experiencia no sector da pedra. Dispoñemos dun taller altamente equipado para a realización de todo tipo de traballos en pedra, así como con profesionais altamente cualificados no sector.
Os profesionais que formamos Ramos Taller da Pedra, traballamos día a día e formámonos para ofrecer a todos os nosos clientes un traballo de calidade e uns excelentes acabados.
En Ramos Taller da Pedra realizamos todo tipo de traballos en pedra para fachadas, escaleiras, recercado de xanelas, peches de leiras, mesados de cociña, mostradores, baños, pratos de duchas, pasamáns, chemineas... Ademais, estamos especializados na fabricación de pezas ornamentais como son fontes, cruceiros, mesas, bancos...